Con puntualidade inglesa arrancou o autobús para Terras de Monterrey, ao frente da expedición o Gran "Maestro" Toñito, e o Concellal de Deportes..Luis Migel...para este último nada máis desembarcar no Complexo da Granxa de VERIN, foi a afición do Antela dicirlle por qué a Vila de Xinzo non podía ter unhas instalacións iguais, .............Porque se as comparamos coas nosas son coma o día e a noite , E aínda así o partido do goberno de Verín perdeu as eleccións............
Visto o nivel dos equipos a cousa non ía estar doada, o primeiro partido foi contra o Chaves, ao que lle gañamos por goleada,,,o seguinte non sería ata as 4 da tarde,,onde a cousa estivo un pouco máis axustada co Vila do Corpos de PONTEAREAS..pero gañamos,,os cuartos foi para min o rival con máis clase do Torneo, na LIGA gañáronnos no seu campo por un contundente 8-0 , estoume a referir ao Ponte Ourense, . Foi un partido moi disputado que terminou con empate a dous goles e tivo que definirse na tanda de penaltys , onde o noso porteiro Andrés estivo inconmensurable parando unha pena máxima ao mellor xogador visitante e así meternos en seminfinais...
Se algo positivo hai que sacar deste torneo é o ambiente que se respiraba, os xogadores xa se van coñecendo tanto e así que o VERIN animaba ao Antela e o Antela ao Verin excepto na final como é lóxico, paro o ano o Entroido faise nas Estivadas.
As semifinais tocou con Verin B, onde se nos puxo moitos atrancos pero ao final conseguimos vencer, esperaba a gran final contra o Verin A
A cousa pintaba ben, pronto nos puxemos 2-0 pero durmímonos nos laureis e conseguiron empatar o partido . Nos minutos finais nunha xenialidade do noso dianteiro Teixeira marcou o gol que nos deu o triunfo final ... Bravo polos rapaces, Entrenador e Afición....
VIDEO DA CELEBRACION



